Lee Ranaldo, cofundador de Sonic Youth, actuará na Cidade da Cultura o 6 de decembro
A actuación de Lee Ranaldo terá lugar na Biblioteca de Galicia ás 20:30 horas. O concerto enmárcase no ciclo Ruído de Fondo.
Lee Ranaldo, guitarrista e cofundador da banda de rock Sonic Youth, estará o 6 de decembro na Cidade da Cultura no marco de Ruído de Fondo, ciclo que explora novas formas de creación e arte sonora.
O concerto, que terá lugar ás 20,30 horas na Biblioteca de Galicia, producirase tras o anuncio da inminente disolución dunha das bandas máis influentes do rock alternativo tras tres décadas sobre o escenario. As entradas para o evento estarán á venda a partir deste luns, 31 de outubro, na web de Servinova a un prezo de 10 euros máis gastos de xestión. A apertura de portas realizarase ás 20,00 horas e o aforo estará limitado a 200 persoas.
O espectáculo que se poderá ver en Santiago afastarase, non obstante, do directo de Sonic Youth. Ranaldo despregará todas as súas facetas creativas, combinando a presentación dos discos en solitario cos seus poemas. Estamos ante o que este artista polifacético deu en chamar "o son recitado do ruído", un show que mestura acordes de guitarra, imaxes de vídeo e recitado poético.
A actuación de Lee Ranaldo vén a completar o ciclo Ruído de Fondo, dedicado a explorar novas formas de creación: dende instalación a esculturas sonoras, pasando polos ready-mades ou as performances, ata a radio, o vídeo, a poesía e, por suposto, a música independente e experimental. O neoiorquino súmase así a un cartel polo que xa pasaron artistas como New Age, Emeralds ou Doravideo e que traerá o vindeiro 21 de novembro á banda de metal experimental Ulver. Ruído de Fondo contará en decembro cunha clausura de luxo a cargo da artista Alyce Santoro, que presentará un traxe sonoro confeccionado co material enviado por músicos e deseñadores galegos.
Lee Ranaldo
Lee Ranaldo (Nova York, 1956), vocalista, guitarrista, escritor e artista visual, é coñecido sobre todo por ser membro confundador do grupo de vangarda neoiorquino Sonic Youth, pioneiros do noise rock e unha das bandas máis influentes do rock alternativo. Non obstante, Lee Ranaldo non se conformou con compor ou tocar, senón que tamén pinta, fai vídeo, escribe… tocando case todas as disciplinas creativas.
Ademais de Sonic Youth, Ranaldo traballou á marxe do grupo nos terreos da música experimental, o spoken word, a pintura ou o vídeo arte, e publicou varios libros. A súa faceta literaria está ligada á tradición poética beatnik norteamericana, foi amigo de Allen Ginsberg e organizou o álbum que Ryko lle dedicou a Jack Kerouack. A súa última publicación é o libro ‘Against Refusing’ (Waterrow Press, 2010). As súas obras plásticas foron expostas en centros como a galería Hayward de Londres ou o Museo de Arte Contemporánea de Sidney.