Bonnie "Prince" Billy actuará na Coruña da man do ciclo Galicia Importa
Na celebración do Ano da Música de Galicia, o ciclo musical Galicia Importa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, volve esta semana á Coruña. O Auditorio Expocoruña da cidade herculina acollerá o sábado, 22 de outubro, o concerto do británico Bonnie ‘Prince’ Billy, considerado por moitos como o herdeiro de grandes artistas como Bob Dylan ou Johnny Cash, embárcase nunha xira europea para presentar parte do seu xa extenso e impecable legado e algunha das súas novas cancións incluídas en ‘Wolfroy goes to town’, a súa novena referencia discográfica ata a data. As entradas para asistir a esta actuación pódense adquirir a través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.
Bonnie ‘Prince’ Billy, que subirá ao escenario ás 21,00 horas, pertence a esa estirpe de artistas fuxidíos coa industria, que vive á marxe da mercadotecnia. Will Oldham ten a capacidade e a necesaria ambición que o leva a imaxinar un mundo persoal de emocións tan complexas que chega moi dentro, ao máis intimo de quen o escoita, algo que poucos músicos son capaces de lograr. Cunha voz profunda e letras dun marcado lirismo, demostrou a capacidade que teñen só uns poucos para reinventar e levar ao límite os xéneros máis importantes da música popular norteamericana como o folk, o rock, o country ou o blues.
Bonnie ‘Prince’ Billy publicou o seu primeiro single ‘Ohio River Boat Song’ en 1992, con tan só 21 anos e baixo o pseudónimo de Palace Brothers onde o acompañan membros dun grupo de culto como SLINT. O resultado foi unha pequena obra mestra que supuxo a presentación en sociedade da voz de Will Oldham. Entre outros logros, estivo no Top 5 do prestixioso crítico musical John Peel compartindo espazo con referentes da música independente como PJ Harvey ou The Fall. O primeiro álbum de Palace Brothers ‘There Is No-One What Will Take Care of You’ publícase en 1993, cando termos como alt-country, nu-folk ou americana aínda nin existían. ‘Days In The Wake’ sae en 1994 e en 1995, baixo Palace Music, publica ‘Viva Last Blues’, un blues sombrío e lento onde a soidade humana encontrou o seu perfecto reflexo artístico. En 1996 chega a súa colaboración co prestixioso produtor Steve Albini, da que nace ‘Arise, therefore’. Nos seguintes anos, adopta varios pseudónimos nos seus traballos ata que acaba utilizando o seu nome real (Will Oldham) nun par de discos e xa en 2001 publica ‘Ease Down the Road’ utilizando o nome polo que hoxe é coñecido. Tras ‘Máster & Everyone’ (2004) e ‘SuperWolf’ (2005), en 2006 chega ‘The Letting Go’, o seu 4º disco como Bonnie ‘Prince’ Billy é un dos mellores traballos da súa prolífica carreira no que alcanza unha impresionante madureza tanto vocal como compositiva.
Herdeiro de Leonard Cohen e Nick Drake, este orfo de vocación mestura o cinismo co desamor, a relixión co alcohol, o profano coa amargura, para levar ao oínte a zonas de penumbra. Nos últimos anos multitude de músicos de distinta índole gabaron as composicións do americano. Dende artistas contemporáneos como Tortoise ou Bjork (foi o seu entrante en USA durante a xira de ‘Vespertine’) ata clásicos como Johnny Cash, co que colaborou en varias ocasións. Tamén traballou con músicos de bandas ilustres como High Llamas, Stereolab, Royal Trux ou Sebadoh. En definitiva, falar de William Oldham é facelo dun dos maiores artistas da historia recente da música folk, rock, pop ou como se queira etiquetar esa amálgama de estilos que constitúe a música popular do século XX.
O grupo El Hijo, quentará motores no Auditorio Expocoruña instantes antes do concerto do carismático Will Oldham. El Hijo é o proxecto de cancións de Abel Hernández, o cantante e músico de Migala e Emak Bakia, e o que produciu discos doutros músicos como Grupo Salvaxe, Aroah, Ornamento e Delito ou McEnroe, entre outros. As composicións de Hernández caracterizáronse por un son rico e cálido con resultados que viaxan entre o dream pop máis actual, o rock psicodélico e o folk anglosaxón dos 60. Ata a data publicou os mini-elepés 'A pel do oso' (2005) e 'Cancións gringas' (2006), os álbums 'As outras vidas' (2007) e 'Madrileña' (2010) e o single 'Sinxelo Negro' (2011), obtendo un rotundo éxito de crítica.
Novas propostas do Galicia Importa
A seguinte cita de Galicia Importa será o 27 de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela que acollerá o concerto de Adam Cohen. O cantante e compositor, fillo de Leonard Cohen, presentase por primeira vez en España e farao nunha xira con só tres paradas: Madrid, Barcelona e Santiago. Neste concerto, Adam Cohen presentará o seu novo disco, que leva por título Like a man e que lanzará no mes de outubro.
Xa en novembro, será a quenda do cantante de soul Aloe Blacc, que actuará o día 6 dese mes na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Este mozo californiano, ao que moitos sinalan como herdeiro de Marvin Gaye, interpretará os temas do seu último disco, titulado Good Things e que o converteu na gran revelación do soul actual.
O quinto concerto que se enmarca no ciclo Galicia Importa é o da cantante Bettye Lavette, que actuará o 8 de novembro no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Despois dunha longa carreira, Bettye Lavette é recoñecida como unha das grandes voces do soul. Compañeira de xeración de Aretha Franklin ou de Diana Ross, nos últimos anos estivo presente nos festivais máis prestixiosos de jazz, blues ou soul, ademais dos seus shows en recintos emblemáticos como o Apollo de Nova York ou o Royal Albert Hall de Londres.
Formatos especiais
Enmarcado na celebración en 2011 do Ano da Música, Galicia Importa ofrece unha programación regular con grupos ou artistas que nunca visitaron Galicia ou que pola súa traxectoria, estilo ou relevancia, merezan ser presentados ao público galego en actuacións únicas e formatos especiais.
Na mesma liña que na pasada edición, o Galicia Importa continua apostando por un prezo notablemente máis baixo na venta de localidades que os concertos dos mesmos artistas noutras cidades da Península, para facilitar así que a música en vivo chegue aos milleiros de seguidores cos que conta en Galicia. Nesta edición 2011 xa puidemos gozar da música de Pete Doherty en Santiago, de Jay Jay Johanson na Coruña, e do estadounidense M. Ward en Vigo.