O programa Galicia é Música esténdese ata finais de setembro con 12 novos concertos
A programación de ‘Galicia é Música’, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve este verán no marco da celebración en 2011 do Ano da Música, estenderase ata finais do vindeiro mes de setembro con 12 novos concertos en nove localidades galegas.
O ciclo sumará así un total de 56 actuacións en 45 concellos a cargo de 41 recoñecidos artistas e grupos en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor e o pop-rock, entre outros.
Roi Casal (na imaxe) inaugurará o día 2 en Rianxo esta carteleira de setembro, que ofrece tamén os concertos de María do Ceo (día 3 en Celanova), Roberto Somoza (día 3 en Rianxo), Xosé Manuel Budiño (día 3 en Negreira e día 30 en Tui), Luar na Lubre (día 7 na Laracha), Niños Mutantes (día 7 en Pontedeume), Pepe Vaamonde Grupo (día 9 na Fonsagrada), Cristina Pato (día 17 en Vilalba), Nadadora (día 23 en Tui), The Homens (día 23 nas Pontes de García Rodríguez) e Susana Seivane (día 30, tamén nas Pontes).
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo colaboran na organización de ‘Galicia é Música’, que se desenvolve desde o pasado 10 de xuño como unha das ofertas singulares deste Ano da Música de Galicia, celebración promovida pola Xunta de Galicia como recoñecemento institucional do “carácter estratéxico e prioritario deste sector como vehículo para a promoción e divulgación da cultura, historia e da lingua de Galicia”. Atendendo ao espírito desta conmemoración, este ciclo foi deseñado co obxectivo de promovera variedade de estilos musicais que actualmente se desenvolven en Galicia, así como de favorecer o acceso de todos os cidadáns á mellor música en vivo.
‘Galicia é Música’ súmase, deste xeito, á programación musical do circuíto Camiños de Cultura e das tres redes de distribución de espectáculos da Agadic (Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas) para configurar a máis ampla oferta escénico-musical deste verán en Galicia cun total de 766 concertos e funcións de teatro, danza, maxia e novo circo entre os meses de xuño e setembro.