56 concertos, 45 concellos e 41 artistas e grupos para celebrar o Ano da Música

Algúns dos principais nomes da música galega en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor ou o pop-rock, nas súas diferentes variantes, configuran o cartel de Galicia é Música, un programa que, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, se desenvolve entre xuño e setembro de 2011, sumándose ás redes galegas de espectáculos como unha das ofertas singulares da celebración do Ano da Música de Galicia.


Un total de 45 concellos galegos acollen os 56 concertos de Galicia é Música, protagonizados por 41 artistas e grupos como Susana Seivane, Uxía, The Homes, Quempallou, Cristina Pato, The Blows, Banda Crebinsky, Nordestinas, Budiño, Marful, Roi Casal ou Nadadora, xunto cos catro embaixadores deste Ano da Música: Berrogüetto, Mercedes Peón, Luar na Lubre e Xoel López.

 

O novo programa foi deseñado de acordo co espírito desta conmemoración, de xeito que se garante tanto a promoción da variedade de estilos musicais que actualmente se desenvolven en Galicia, como a descentralización territorial que salvagarda o acceso de todos os cidadáns á mellor música en vivo.

 

Calendario de concertos