Luz Casal ofrecerá dous concertos a próxima semana en Santiago e Pontevedra
Os concertos enmácanse no Ano da Música de Galicia e as entradas poderán adquirirse na web www.servinova.com
O concerto de Santiago, que comezará ás 22,30 horas, celebrarase con motivo das Festas do Apóstolo e conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. As entradas para asistir a esta actuación poden adquirirse na web www.servinova.com. O sábado, Luz Casal desprazarase ata Pontevedra para ofrecer unha actuación no marco do novo Festival Internacional das Rías Baixas de Música, Danza e Teatro. O concerto terá lugar ás 20,30 horas no Centro Social Novacaixagalicia e as localidades están á venta a través da web de Servinova.
Estas actuacións forman parte dos eventos incluídos no Ano da Música de Galicia co que a Consellería de Cultura e Turismo quere salientar o labor cultural que desenvolven os artistas, creadores e a industria musical galega ao completo. No marco desta celebración salientase o papel de embaixadores de Galicia que cumpren os músicos galegos, polo que a programación destes dous concertos en Santiago de Compostela e Pontevedra é unha ocasión de agradecerlle a Luz Casal todo o que ten feito ao longo da súa carreira a favor da música e de Galicia.
Traxectoria profesional
A cantante Luz Casal, natural de Boimorto (A Coruña), mostrou sempre unha vocación inquebrantable de querer dedicarse á música. Desde a publicación en 1982 de Luz, o seu primeiro disco, o público e a crítica recoñeceron a súa profesionalidade e a calidade do seu traballo que, tras éxitos en 1989 con temas como Loca, Te dejé marchar ou No me importa nada, a converteron na solista española por excelencia.
Con Tacones Lejanos de Pedro Almodóvar e a interpretación de Luz Casal de Piensa en mí e Un año de amor márcase un punto de inflexión na carreira dunha artista que abarca todas as facetas e rexistros posibles. A partir deste momento, a cantante galega alcanza altos niveis de composición producindo 4 discos entre os que destaca Como la flor prometida (1995) e o single Entre mis recuerdos, chegando a acadar un Goya pola banda sonora de ‘El Bosque animado’.
En 2007, Luz publica Vida tóxica como resultado creativo e valente da súa loita contra o cancro e, en 2009, chega o seu duodécimo disco La Pasión. Neste traballo, Luz Casal achega ao seu público unha homenaxe ao bolero latinoamericano na expresión máis enraizada da súa orixinalidade. O álbum é unha viaxe ao pasado, onde a artista interpreta os boleros desde a súa orixe, volvendo ao seu afán de pureza. Luz Casal realiza un percorrido en branco e negro polo xénero que dominou o universo musical latinoamericano durante a maior parte do século XX. A cantante galega fala do amor e do desamor, do rancor e da esperanza, servíndose das letras de grandes poetas dos anos 40, 50, 60 e 70 e sen esquecer o seu estilo directo e rotundo. Luz Casal ponlle voz as grafías de Carlos Brito, Julio Rodríguez, Lucho Gatica ou Eduardo Magallanes.
Entre as distincións ao seu traballo e á súa traxectoria vital, Luz Casal recibiu en 2010 a Medalla Castelao, o título de filla predilecta de Boimorto e a Medalla de Ouro das cidades de Madrid e París. En novembro de 2009, foille outorgada a Medalla das Artes e das Letras de Francia.
Santiago.- A próxima semana, a cantante Luz Casal ofrecerá dous concertos incluídos na programación do Ano da Música de Galicia. A primeira cita será o vindeiro venres, 22 de xullo, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, e a segunda terá lugar ao día seguinte, o 23 de xullo, no Centro Social Novacaixagalicia.