O ciclo Galicia Importa, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, pecha a súa edición de 2011 con máis de 4.000 asistentes a oito concertos de primeiro nivel. Enmarcado na celebración do Ano da Música de Galicia, a terceira edición deste ciclo trouxo a diferentes salas da xeografía galega as actuacións de artistas de todo o mundo que son referencia no seu estilo, permitindo aos afeccionados a música gozar coas actuacións de Peter Doherty, Jay Jay Johanson, M. Ward, Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette.
A primeira das citas será este domingo, 6 de novembro, en Santiago onde actuará o cantante Aloe Blacc. Dous días despois, o 8 de novembro, será a quenda de Bettye Lavette, que ofrecerá na Coruña o mellor do seu repertorio. Os dous concertos personifican o mellor soul que se pode escoitar na actualidade.

As entradas para asistir a estas actuacións poden adquirirse través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.
A actuación de Lee Ranaldo terá lugar na Biblioteca de Galicia ás 20:30 horas. O concerto enmárcase no ciclo Ruído de Fondo.

Lee Ranaldo, guitarrista e cofundador da banda de rock Sonic Youth, estará o 6 de decembro na Cidade da Cultura no marco de Ruído de Fondo, ciclo que explora novas formas de creación e arte sonora.
O ciclo acollerá tamén este outono as actuacións do Cuarteto Emerson e os pianistas Andreas Haefliger e Jorge Luis Prats.

O Teatro Colón da Coruña acollerá nos últimos dous meses do ano os concertos de dous grandes intérpretes do mundo da música clásica actual enmarcados dentro do ciclo Galicia Classics, promovido pola Xunta de Galicia no Ano da Música 2011.
Na celebración do Ano da Música de Galicia, o ciclo musical Galicia Importa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, volve esta semana á Coruña. O Auditorio Expocoruña da cidade herculina acollerá o sábado, 22 de outubro, o concerto do británico Bonnie ‘Prince’ Billy, considerado por moitos como o herdeiro de grandes artistas como Bob Dylan ou Johnny Cash, embárcase nunha xira europea para presentar parte do seu xa extenso e impecable legado e algunha das súas novas cancións incluídas en ‘Wolfroy goes to town’, a súa novena referencia discográfica ata a data. As entradas para asistir a esta actuación pódense adquirir a través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.

A Axencia Galega das Industrias Culturais abre a terceira entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova serie acollerá catro directos protagonizados por The Blows (14 de outubro), Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).

O conselleiro de Cultura e Turismo enmarcou na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011 a celebración deste ciclo, no que a Orquestra Gaos interpretará a 'Misa de Réquiem en re menor' de Mozart nas catedrais de Ourense, Tui, Santiago e Mondoñedo e na igrexa de San Pedro en Lugo. Desenvolverase do 8 ao 16 de outubro.

Na presentación, celebrada esta mañá na Catedral de Santiago, o conselleiro afirmou que a iniciativa permitirá "gozar dun elenco galego interpretando unha das pezas esenciais da historia da música en cinco dos espazos máis importantes do noso patrimonio eclesiástico".
Santiago.- O ciclo musical Galicia Importa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo vén de poñer á venda as entradas para os concertos das cinco novas incorporacións ao seu cartel. Durante os meses de outubro e novembro terán lugar no marco deste ciclo os concertos dos artistas internacionais Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette en escenarios de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.
A programación de ‘Galicia é Música’, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve este verán no marco da celebración en 2011 do Ano da Música, estenderase ata finais do vindeiro mes de setembro con 12 novos concertos en nove localidades galegas.

O ciclo sumará así un total de 56 actuacións en 45 concellos a cargo de 41 recoñecidos artistas e grupos en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor e o pop-rock, entre outros.

Algúns dos principais nomes da música galega en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor ou o pop-rock, nas súas diferentes variantes, configuran o cartel de Galicia é Música, un programa que, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, se desenvolve entre xuño e setembro de 2011, sumándose ás redes galegas de espectáculos como unha das ofertas singulares da celebración do Ano da Música de Galicia.

Páxinas: 1 2