O ciclo Galicia Importa, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, pecha a súa edición de 2011 con máis de 4.000 asistentes a oito concertos de primeiro nivel. Enmarcado na celebración do Ano da Música de Galicia, a terceira edición deste ciclo trouxo a diferentes salas da xeografía galega as actuacións de artistas de todo o mundo que son referencia no seu estilo, permitindo aos afeccionados a música gozar coas actuacións de Peter Doherty, Jay Jay Johanson, M. Ward, Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette.
A primeira das citas será este domingo, 6 de novembro, en Santiago onde actuará o cantante Aloe Blacc. Dous días despois, o 8 de novembro, será a quenda de Bettye Lavette, que ofrecerá na Coruña o mellor do seu repertorio. Os dous concertos personifican o mellor soul que se pode escoitar na actualidade.

As entradas para asistir a estas actuacións poden adquirirse través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.
A actuación de Lee Ranaldo terá lugar na Biblioteca de Galicia ás 20:30 horas. O concerto enmárcase no ciclo Ruído de Fondo.

Lee Ranaldo, guitarrista e cofundador da banda de rock Sonic Youth, estará o 6 de decembro na Cidade da Cultura no marco de Ruído de Fondo, ciclo que explora novas formas de creación e arte sonora.
O ciclo acollerá tamén este outono as actuacións do Cuarteto Emerson e os pianistas Andreas Haefliger e Jorge Luis Prats.

O Teatro Colón da Coruña acollerá nos últimos dous meses do ano os concertos de dous grandes intérpretes do mundo da música clásica actual enmarcados dentro do ciclo Galicia Classics, promovido pola Xunta de Galicia no Ano da Música 2011.
Na celebración do Ano da Música de Galicia, o ciclo musical Galicia Importa, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, volve esta semana á Coruña. O Auditorio Expocoruña da cidade herculina acollerá o sábado, 22 de outubro, o concerto do británico Bonnie ‘Prince’ Billy, considerado por moitos como o herdeiro de grandes artistas como Bob Dylan ou Johnny Cash, embárcase nunha xira europea para presentar parte do seu xa extenso e impecable legado e algunha das súas novas cancións incluídas en ‘Wolfroy goes to town’, a súa novena referencia discográfica ata a data. As entradas para asistir a esta actuación pódense adquirir a través das canles habituais do ciclo: a páxina web www.servinova.com, o teléfono 902 43 44 43 ou das tendas Discos Elepé en Vigo, Discos Gong en Santiago e Discos Portobello en A Coruña.
O conselleiro de Cultura e Turismo enmarcou na conmemoración do Ano da Música de Galicia 2011 a celebración deste ciclo, no que a Orquestra Gaos interpretará a 'Misa de Réquiem en re menor' de Mozart nas catedrais de Ourense, Tui, Santiago e Mondoñedo e na igrexa de San Pedro en Lugo. Desenvolverase do 8 ao 16 de outubro.

Na presentación, celebrada esta mañá na Catedral de Santiago, o conselleiro afirmou que a iniciativa permitirá "gozar dun elenco galego interpretando unha das pezas esenciais da historia da música en cinco dos espazos máis importantes do noso patrimonio eclesiástico".

A Axencia Galega das Industrias Culturais abre a terceira entrega do ciclo de concertos promocionais "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova serie acollerá catro directos protagonizados por The Blows (14 de outubro), Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).

Santiago.- O ciclo musical Galicia Importa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo vén de poñer á venda as entradas para os concertos das cinco novas incorporacións ao seu cartel. Durante os meses de outubro e novembro terán lugar no marco deste ciclo os concertos dos artistas internacionais Patrick Wolf, Bonnie ‘Prince’ Billy, Adam Cohen, Aloe Blacc e Bettye Lavette en escenarios de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.
A programación de ‘Galicia é Música’, que a Consellería de Cultura e Turismo desenvolve este verán no marco da celebración en 2011 do Ano da Música, estenderase ata finais do vindeiro mes de setembro con 12 novos concertos en nove localidades galegas.

O ciclo sumará así un total de 56 actuacións en 45 concellos a cargo de 41 recoñecidos artistas e grupos en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor e o pop-rock, entre outros.

Algúns dos principais nomes da música galega en estilos como o folk, o jazz, a canción de autor ou o pop-rock, nas súas diferentes variantes, configuran o cartel de Galicia é Música, un programa que, promovido pola Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, se desenvolve entre xuño e setembro de 2011, sumándose ás redes galegas de espectáculos como unha das ofertas singulares da celebración do Ano da Música de Galicia.

Os concertos enmácanse no Ano da Música de Galicia e as entradas poderán adquirirse na web www.servinova.com

Santiago.- A próxima semana, a cantante Luz Casal ofrecerá dous concertos incluídos na programación do Ano da Música de Galicia. A primeira cita será o vindeiro venres, 22 de xullo, na Praza da Quintana de Santiago de Compostela, e a segunda terá lugar ao día seguinte, o 23 de xullo, no Centro Social Novacaixagalicia.

Vigo.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta tarde o balance do festival Vigo Transforma 2011 celebrado entre o 23 de xuño e o 2 de xullo no marco das celebracións do Ano da Música de Galicia 2011. O conselleiro asegurou na súa intervención que "nos tres días de concertos, Vigo Transforma conseguiu reunir a preto de vinte mil espectadores", unha cifra que "fala ben claro da capacidade de atracción que xera o festival" e que o converte "nun dos eventos máis importantes do panorama nacional". A rolda de prensa contou coa participación da delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares; a directora xerente da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero e o director de Esmerarte, Joaquín Martínez Silva.
Santiago.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no Pavillón de Galicia o festival Rock in Way Estrella Galicia que se celebrará no Monte do Gozo de Santiago de Compostela os días 9 e 10 de setembro. Segundo o conselleiro, Rock in Way permitirá que "bandas bandas galegas cun enorme futuro compartan cartel con artistas consagrados, dándolle así proxección e visibilidade ao seu traballo". Roberto Varela desvelou os nomes dos principais protagonistas dun festival que terá como cabezas de cartel a "bandas internacionais contrastadas e cunha longa traxectoria tras de si" coma os americanos The Offspring, os británicos Toy Dolls ou os franceses Rinôçerôse. A presentación do festival contou ademais coa participación da directora-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero; a responsable de márketing de Estrella Galicia, Mónica Vizcaíno; o director de márketing de Gadis, Antonio Cortés; e o representante de Zircozine Music e director de ‘Rock in Way’, Farruco Castromán.
Santiago.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, mantivo esta tarde un encontro amigable cos integrantes do grupo galego de música tradicional, Berrogüetto, embaixadores de Galicia no Ano da Música 2011 xunto con Mercedes Peón, Xoel López e Luar na Lubre. Na reunión que tivo lugar en San Caetano, o conselleiro felicitou aos compoñentes do conxunto polo Premio da Música á Mellor Canción en Galego, outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias da Música o pasado 19 de maio na gala da XV Edición dos Premios da Música. O galardón recibido por Berrogüetto no teatro Arteria Coliseum de Madrid premia á súa canción ‘Alalá da noite’ que abre o disco Kosmogonías, o seu último traballo de estudo.
Santiago.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá no recinto de ExpoCoruña a segunda edición do Festival Sónar Galicia, froito da colaboración entre Advanced Music e a Xunta de Galicia e que terá lugar na cidade herculina os días 17 e 18 de xuño no marco das celebracións do Ano da Música de Galicia. Segundo destacou o conselleiro, Sónar Galicia 2011 amosa a "decidida vocación de permanencia do festival e converte a Galicia nun dos referentes internacionais da música electrónica". O acto tamén contou coa participación do alcalde da Coruña, Carlos Negreira; a directora xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero; os dous directores de Sónar, Ricard Robles e Enric Palau; e a directora de ExpoCoruña, Ana Montes.
O ciclo Galicia Classics recolle a estela do Xacobeo Classics en canto ao esquema da súa programación e nace co obxectivo de ofertar concertos de primeira calidade para complementar as programacións musicais que xa existen en Galicia, aportando actuacións de primeiro nivel internacional, sen esquecer a música de autores galegos. Esta iniciativa, enmarcada no programa do Ano da Música de Galicia e organizada pola Xunta de Galicia e Novacaixagalicia, vén a dar cumprimento ao compromiso adquirido en 2010 respecto á continuidade dos grandes festivais do Xacobeo 2010, xunto ao Sónar 2011 e o Galicia Importa.